Skip to main content

A USC, primeira universidade galega que aproba o código de conduta da CRUE en materia de cooperación e desenvolvemento

A USC aprobou este venres o Código de Conduta das Universidades en materia de Cooperación e Desenvolvemento promovido pola Comisión de Cooperación ao Desenvolvemento adscrita ao CEURI-CRUE co obxecto de harmonizar a actuación universitaria neste eido. Deste xeito, a USC convértese na primeira universidade galega que aproba este documento.
O ideario, que se aproba logo da disolución este xoves do Instituto Galego de Cooperación Iberoamericana (IGACI), resulta da gran diversificación de actuacións á que se che chegou no campo da cooperación, dos métodos de traballo e ata dos obxectivos específicos dos diferentes proxectos e programas que existen.
Así, en aras de preservar o carácter solidario e igualitario da cooperación ao desenvolvemento distintas institucións e organización sociais se dotaron de instrumentos para orientar o seu traballo en forma de códigos similares ao que hoxe se aproba. A esta vontade sumáronse agora as universidades, cuxos órganos de goberno –no caso da USC o Consello de Goberno este venres- deberán ratificar este código como símbolo de compromiso solidario.
Grao e posgrao na USCO Consello de Goberno tamén aprobou hoxe o procedemento para a tramitación das titulacións de grao da USC que rexerá o proceso de presentación das propostas e de elaboración das correspondentes memorias de planos de estudo para, logo de ser aprobadas pola institución, remitilas ao Consello de Universidades. Do mesmo xeito e con semellantes características, deu o seu visto bo ao procedemento para tramitar as titulacións de másteres e dos programas de doutoramento.
Polo que respecta aos Programas Oficiais de Posgrao, na xuntanza trátanse os límites de prazas para os 26 previstos para o vindeiro curso así como o procedemento de admisión e matrícula nestes programas.
Convocatoria do SURA USC oferta para o vindeiro curso 2008-2009 un total de 1.300 prazas no seu Servizo Universitario de Residencias (SUR), segundo decidiu hoxe o Consello de Goberno. Destas, 1.050 destínanse a estudantes de 1º e 2º Ciclo e grao, 150 para os de 3º Ciclo, POP e investigadores en formación, 90 para alumnos de programas de mobilidade, 20 para os de cursos de posgrao propios e CAP, 27 para discapacitados e 8 para PDI e PAS.
Por outra banda, aprobouse tamén a convocatoria de prazas de aloxamento no SUR para membros da comunidade universitaria ou persoas que participen en actividades de verán durante o período comprendido entre o 7 de xullo e o 30 de setembro.
Prácticas en empresasAs prácticas externas en empresas e institucións dos estudantes da USC contarán a partir de agora cunha normativa que as regula. Este regulamento afecta ás prácticas organizadas polos centros, polos posgraos oficiais, polo Consello Social, pola Feuga e as entidades que colaboren coa propia universidade.
Outros asuntosA orde do día da xuntanza tamén inclúe a convocatoria de axudas para o desenvolvemento de accións de mellora da docencia no marco da construción do EEES 2008, o plan de formación do Persoal de Administración e Servizos para o período 2008-2010, o calendario de estudos de doutoramento e de actas do Terceiro Ciclo, e a relación de novos cursos de posgrao propios.
Outros asuntos a tratar polo órgano colexiado son a modificación da axuda á produción científica, os custes indirectos asociados a contratos e convenios, a modalidade de ocupación e tarifas do edificio Nexus, e a aprobación dos acordos de interese mutuo entre a USC e seis Departamentos, entre outros puntos da orde do día.

The contents of this page were updated on 05.30.2008.