A USC é a segunda universidade do Estado que máis fondos capta para a mobilidade do profesorado de programas de doutoramento con Mención de Calidade
A de Santiago é a segunda universidade do Estado que máis recursos económicos capta das axudas convocadas polo Ministerio de Ciencia e Innovación para facilitar a mobilidade de profesores visitantes dos programas de doutoramento da USC con Mención de Calidade. O primeiro posto conseguiuno a Universidade Politécnica de Cataluña.
En xeral, esta convocatoria ten por obxecto favorecer a incorporación de docentes procedentes de universidades españolas ou estranxeiras aos estudos de doutoramento con Mención de Calidade que a institución compostelá imparte neste curso 2007-2008.
Vinte son os programas de doutoramento con Mención de Calidade que coordina a Universidade de Santiago e que nesta convocatoria acadaron un 227.306 euros do total de 3.254.885 euros. Da correcta utilización destes fondos é responsable a propia universidade receptora.