Skip to main content

A Mostra de Teatro continúa esta fin de semana con obras de Dalmaroni e Wilde

IX Mostra de Teatro Universitario de Galicia

Daniel Dalmaroni e Oscar Wilde saen a escena esta fin de semana en Compostela da man de grupos de teatro da USC. Xunto cunha creación colectiva, son tres as propostas que a IX Mostra de Teatro Universitario de Galicia ofrece para este sábado e domingo.
As representacións comezan o sábado, ás 19:30 horas na Sala Roberto Vidal Bolaño (Campus Sur), coa obra colectiva de Murmurios Teatro ‘En construción’. Os billetes poderán recollerse na mesma sala unha hora antes da función.
Unha traxedia calqueraUnha traxedia calquera, dunha familia calquera, nun tempo e nun espazo calquera, que xorde cando os segredos se fan públicos... O grupo Terapia do Chicle serán quen poña en escena o mesmo sábado, ás 21:00 horas no Salón Teatro, a obra do autor arxentino Daniel Dalmaroni ‘Unha traxedia calquera’ que, dirixida por Raúl Piñeiro, conta no seu elenco coas actrices Alba Díaz, Daniela Albite, Raquel Noia, Silvia López e Tatiana Duro.
Nunha cociña calquera como escenario o espectador observará como unha estrutura ríxida se derruba en cuestión de segundos polos problemas de comunicación, os prexuízos e a estraña sensación que provoca decatarse que as persoas que coñeces, coas que compartiches a túa vida, non son o que pensabas e de que incluso un mesmo non é quen cría ser.
O abano de Lady WindermereA oitava función da mostra de teatro universitario correrá a cargo de Tangatutanga Teatro, cunha adaptación da obra ‘O abano de Lady Windermere’, deOscar Wilde, que resume a ‘perfecta’ vida dunha ‘perfecta’ muller. Será ás 21:00 horas no Salón Teatro.
Pero as cousas nunca son o que parecen e o seu home non é tampouco o perfecto que parece… poderá perdoar o pecado e a culpa, os erros pasados, a condición de ser humano?

The contents of this page were updated on 05.30.2008.