Skip to main content

A intérprete de clave Chen-I Chen Liu pecha o ciclo 'Músicas a carón da Mosqueira'

A actuación será este mércores ás 20:30 horas na Fundación Caixa Galicia

O ciclo de ‘Músicas a carón da Mosqueira’, do Convenio Lugo Cultural, remata este mércores 27 coa actuación da intérprete de clave Cheng-I Chen Liu, na Fundación Caixa Galicia a partir das 20:30 horas. Este ciclo estivo composto por catro actuacións que combinaron a música clásica coa electroacústica da man de artistas que utilizan instrumentos que non é moi habitual ver nun escenario en Lugo.
Este concerto estaba previsto que se celebrara o pasado 9 de xaneiro pero foi suspendido en sinal de respecto tras o falecemento do bispo emérito de Lugo, José Gómez. A intérprete, madrileña de nacemento, comezou os seus estudos musicais á idade de 8 anos e agora, con 26, conta cun extenso currículo tras ter estudado cos artistas máis reputados e ter no seu haber varios premios de ámbito internacional.
Os concertos do ciclo ‘Músicas a carón da Mosqueira’, nos que xa actuaron no mes de xaneiro o grupo O Labirinto da Guitarra e Edson Zampronha e a pasada semana Tío da Ponte, están organizados en colaboración con Clásicos en Ruta.
Os interesados en obter máis información sobre este ciclo e do resto da programación de Lugo Cultural poden facelo a través da súa web www.lugocultural.es.

The contents of this page were updated on 02.26.2008.