Skip to main content

O director da Área TIC da USC participa en Madrid como xurado dos Premios Vodafone de Innovación e Desenvolvemento en Comunicacións Móbiles

O director da Área TIC da USC, Javier Franco, asistiu este xoves 29 en Madrid á primeira xuntanza do xurado da segunda edición dos Premios Vodafone de Innovación e Desenvolvemento en Comunicacións Móbiles. Javier Franco forma parte do xurado xunto a representantes de entidades bancarias, outras institucións universitarias e da propia operadora de telefonía.
Estes premios teñen como obxectivo incentivar o desenvolvemento e a innovación de propostas tecnolóxicas, tanto na súa fase de estudo como no da súa posta ao servizo da sociedade.

The contents of this page were updated on 02.28.2008.