Skip to main content

O BNG expúxolle o programa electoral a membros do equipo reitoral da USC

De esquerda a dereita: Lourenzo Fernández, Elvira Cienfuegos, Senén Barro, Francisco Jorquera, Carlos Aymerich e Miguel A. Vázquez
De esquerda a dereita: Lourenzo Fernández, Elvira Cienfuegos, Senén Barro, Francisco Jorquera, Carlos Aymerich e Miguel A. Vázquez

Os candidatos ao Congreso dos Deputados pola provincia de A Coruña, Francisco Jorquera e Elvira Cienfuegos, e o portavoz do grupo do BNG no Parlamento galego, Carlos Aymerich, reuníronse esta mañá no Colexio de San Xeromes con membros do equipo reitoral encabezados polo reitor Senén Barro. En concreto, asistiron á xuntanza os vicerreitores de Economía e Financiamento e de Relacións Institucionais, Miguel Vázquez Taín e Lourenzo Fernández Prieto.
Jorquera explicou ao remate da xuntanza que entre as propostas programáticas do BNG figura a aposta pola mellora do financiamento do sistema universitario. “Para preservar o carácter público das Universidades cómpre que o seu financiamento se sufrague con fondos públicos”, dixo.
Nese contexto, o BNG quere definir o mapa de competencias para avanzar na consolidación do Sistema Universitario Galego integrado. Referiuse así á necesidade da “urxente transferencia” dos centros do CSIC en Galicia, entre eles o Instituto Padre Sarmiento.
Pola súa banda, o reitor agradeceu a deferencia dos candidatos do BNG por visitar a Universidade e expoñer o seu programa e coincidiu co manifestado por Jorquera sobre o sistema de financiamento das Universidades. Un sistema que, segundo o reitor, “ten que ser comprometido e ligado a intereses mutuos”.

The contents of this page were updated on 03.03.2008.