Skip to main content

O IDEGA inicia o mércores un ciclo de sesións científicas na Escola Politécnica Superior

O Instituto Universitario de Estudos e Desenvolvemento de Galicia (IDEGA) desenvolverá na Escola Politécnica Superior de Lugo unha serie de sesións científicas que darán comezo este mércores día 5.
A primeira charla será ás 19:30 horas baixo o título ‘A concentración parcelaria en Galicia: presente e retos de futuro’. Será Alfonso Ribas, por parte da Xunta de Galicia, o que abrirá este ciclo, que se desenvolverá na aula 15 da EPS.
Roberto Lorenzana, por parte do Grupo de Investigación de Economía Agraria da USC, intervirá o día 12, ás 19:00 horas, para falar do cambio estrutural nas explotacións de bovino galegas no final de século.
A seguinte charla terá lugar o día 7 de abril e estará a cargo de Mar Pérez Fra, do Departamento de Economía Aplicada da EPS, que falará, ás 17:00 horas, de ‘Fondos para o desenvolvemento rural. Periodo 2007-2013’.
O último dos relatorios estará a cargo de Melinda Barrio, do IDEGA, que se centrará nos danos ambientais por incendios. A data está aínda sen confirmar.

The contents of this page were updated on 03.04.2008.