A Escola Infantil Breogán elixe aos seus representantes de pais e nais
A Escola Infantil Breogán da USC elixe hoxe mércores, día 12, aos seus representantes de pais e nais na Comisión do centro. A votación desenvólvese nos propios locais da gardería en horario de 9 a 10:30, de 13 a 14 e de 17 a 19 horas.
A estas eleccións presentáronse como candidatos Eva María Pereiro Vilaseco, María Elena López Lago, María Esther Martínez Piñeiro, Miguel Anxo Rodríguez González e Xosé Manuel Malheiro Gutiérrez.