Remataron os Campionatos de Karate e Esgrima da USC
A Área de Deportes xa coñece os resultados do Campionatos de Karate da USC, celebrado na sala de artes marciais do Campus Sur, e de Esgrima, acontecido no ximnasio anexo da piscina do Campus de Lugo.
Os clasificados na competición de karate de nivel 0 foron Marcos Janeiro no primeiro posto, Artai Rey no segundo, e Lucas Janeiro no terceiro. No nivel 1 acadaron o primeiro e segundo lugar, Mario Esteves e Samuel Jarque, respectivamente.
No campionato de esgrima clasificáronse da selección masculina Pablo García, Jorge Amigo, Gonzalo Cotelo, José Bermúdez, Javier Nine, Alberto Rodríguez e Julio Seijas. De entre as espadachíns foron seleccionadas Iris Moreno, Alba Andújar e Nuria Pombo.