Skip to main content

O Seminario Mulleres e Universidade da USC dedica este xoves o seu foro mensual ao traballo en igualdade

O Seminario Mulleres e Universidade (SMU) da USC celebrará novamente este xoves, día 13, o seu Foro Casa de Europa de Investigadoras e Tecnólogas, que nesta ocasión se presenta baixo o epígrafe ‘Lei de traballo en igualdade’.
O encontro, no que participará a delegada provincial da Consellaría de Traballo na Coruña, María Deben Alfonso, desenvolverase a partir das 17:00 horas na Casa de Europa (Finca Vista Alegre).
O SMU é un grupo de observación e estudo formado por profesoras da Universidade de Santiago que dende a súa creación hai cinco anos traballa na visibilización das mulleres en todos os campos da Ciencia e a Tecnoloxía.

The contents of this page were updated on 03.12.2008.