Skip to main content

Inauguración da sala de actividades culturais e deportivas da Facultade de Veterinaria

O vicerreitor de Cultura da USC, Elías Torres, inaugurará este martes 11 a nova Aula de actividades culturais e deportivas da Facultade de Veterinaria. No acto, que terá lugar ás 12:00 horas, estarán presentes tamén a decana do centro, Ana María Bravo Moral, así como os monitores das actividades que se desenvolven na sala.
A nova aula foi construída nas instalacións que tiña a Aula de Produtos Lácteos antes de trasladarse ao Pazo de Feiras e Congresos, no soto do pavillón número catro da Facultade de Veterinaria. Durante o acto de inauguración, os alumnos de tai-chi realizarán unha pequena exhibición.

The contents of this page were updated on 03.10.2008.