Skip to main content

Perder o medo á bici e iniciación á escalada, novas actividades deportivas da USC

A Área de Deportes da Universidade de Santiago organiza para os días 1, 2 e 3 de abril unhas xornadas para perder o medo á bicicleta e de iniciación á escalada. Todas as persoas interesadas en participar xa poden anotarse nas oficinas situadas na Piscina Universitaria do Campus Sur.
As clases de ciclismo celebraranse no Campo de Hoquei Herba e as de escalada no Estadio de Atletismo de Santiago. O material necesario para participar é roupa cómoda e calzado axeitado. A idade mínima para inscribirse son dezaoito anos.

The contents of this page were updated on 03.26.2008.