A Biblioteca Intercentros de Lugo organiza un novo curso de busca de información na base de datos Web of Science
A Biblioteca Intercentros do Campus de Lugo celebrará o mércores 26 un novo curso de busca de información na base de datos Web of Science destinado principalmente ao persoal docente e investigador e alumnos de terceiro ciclo e posgrao. Esta convocatoria englóbase dentro dos programas de formacións específicos deste centro como apoio á docencia e á investigación.
O curso celebrarase na aula Universia do centro, de 17:00 a 18:00 horas. Durante o mesmo explicarase a estrutura desta base de datos, a información que recolle e os distintos sistemas de busca. Exporán tamén as opcións de almacenaxe previstas para a información seleccionada.
O prazo de inscrición para as 22 prazas dispoñibles xa está aberto e se cubrirá por orde de solicitude, que deberá remitirse á dirección electrónica intcesar [at] usc.es (intcesar[at]usc[dot]es) ou chamar á extensión 23503.