Unha das máis recoñecidas expertas europeas en recuperación cerebral tras dano impartiu unha conferencia na USC

A prestixiosa catedrática de Neuroloxía da Facultade de Medicina de Lund (Suecia), Barbro Johansson, impartiu este martes 19 unha conferencia na que explicou o significado de plasticidade cerebral e neuroxénese na recuperación do dano cerebral ou medular.
A profesora Johansson é una figura de recoñecemento internacional no eido da recuperación cerebral tras dano. O seu lugar de traballo, o Centro de Investigacións Biomédicas da Universidade de Lund-Instituto Wallenberg de Neurociencias, está considerado o máis importante de Suecia no campo experimental.
A catedrática abordou na súa conferencia a maneira de enfocar a recuperación do paciente con dano cerebral ou medular adquirido tras trauma ou accidente vascular así como as perspectivas a curto prazo para a recuperación deste tipo de pacientes mediante implantes de células madre ou tratamentos farmacolóxicos, entre outros.