Skip to main content

78 traballos concursan no Certame de literatura en lingua galega '150 aniversario da Facultade de Farmacia'

Un total de 78 traballos concursan no Certame de literatura en lingua galega ‘150 aniversario da Facultade de Farmacia’, dos que 39 o farán na modalidade de poesía e outros tantos na de relato curto.
O certame literario, convocado pola Comisión Organizadora dos actos conmemorativos do 150 Aniversario da Creación da Facultade e patrocinado polo Colexio Oficial de Farmacéuticos da provincia da Coruña, establece un premio único para cada modalidade dotado con 600 euros e medalla conmemorativa.

The contents of this page were updated on 02.08.2008.