Skip to main content

Senén Barro debateu en Barcelona sobre o goberno das Universidades europeas

Interveu nunha mesa redonda en representación do presidente da CRUE

O reitor da Universidade de Santiago, Senén Barro, participou este martes na xornada que anualmente organizan as fundacións CYD e Cercle d’Economia e que nesta ocasión levou por título ‘Tendencias e cambios no goberno das universidades europeas’.
A xornada comezou coa presentación do documento ‘Escenarios de goberno das universidades europeas’ elaborado pola Fundación CYD e continuou cunha mesa redonda sobre goberno e eficiencia das universidades. O debate contou coa participación de destacados representantes do mundo da universidade, a empresa e a administración pública, entre eles Senén Barro en representación do presidente da Conferencia de Reitores de Universidades Españolas.
Os asistentes debateron sobre o goberno das universidades desde o convencemento de que resulta un elemento básico no funcionamento desas institucións. De feito, trátase dunha cuestión sobre a cal os principais países europeos están a implementar medidas concretas no senso de dotar ás Universidades de instrumentos de goberno máis apropiados para responder aos cambios que se están a producir na sociedade.
O goberno das universidades é tamén, como se puxo de manifesto, un tema recorrente que radica na base de calquera medida correctora que se queira tomar nos campos de rendición de contas, o despregamento da chamada terceira vía ou as adaptacións curriculares ás necesidades sociais.

The contents of this page were updated on 02.19.2008.