Pecha o prazo de inscrición para o curso de fotografía Fotocultur 2, que se desenvolverá en Lugo
A Oficina de Cultura do Campus de Lugo pecha o venres 22 o prazo de inscrición para o curso de fotografía Fotocultur 2, que se engloba dentro do programa Espazo da Vicerreitoría de Cultura.
Esta acción formativa celebrarase do 3 de marzo ao 29 de abril, todos os luns, martes e xoves, de 20:00 a 21:30 horas, cun total de 40 horas lectivas. O contido do curso céntrase na realización de traballos prácticos, a experimentación a través de procesos de relación con outras áreas e a creación dun grupo fotográfico na USC. Ademais, os participantes realizarán saídas fotográficas e roteiros dentro do ciclo ‘Pegadas’, do Convenio Lugo Cultural.
O relator do curso será Eduardo Ochoa e as clases desenvolveranse na aula de fotografía do Campus, situada no pavillón central da Facultade de Veterinaria.
O prezo do curso é de 50 euros para público en xeral e de 25 para os membros da comunidade universitaria. A matrícula pode realizarse na Oficina de Cultura do campus lugués, situada na praza Pío XII, ou chamando ao teléfono 982 28 59 00, extensión 21513.