Skip to main content

O catedrático Elisardo Becoña coordina a colección 'Saber para vivir' de Nova Galicia Edicións

O catedrático da USC Elisardo Becoña coordina e dirixe a colección ‘Saber para vivir’ coa que Nova Galicia Edicións pretende abordar temas como a violencia nas súas distintas manifestacións, o consumo de drogas, tabaco ou alcol, a sexualidade ou a adicións ás novas tecnoloxías, ampliándose este abano inicial a outros temas como o racismo, a globalización ou as emocións e sentimentos.
‘Saber para vivir’ pretende ser unha colección de referencia para os mozos na que se traten os temas propostos dende unha visión positiva co fin de informar e formar, con obras de extensión curta, cunha linguaxe asequible e actual e unha ampla imaxe visual. A iniciativa tampouco esquece ao público adulto para quen pretende ser obra de consulta para os pais e ferramenta de traballo para mestres e alumnos.
Deste xeito, Elisardo Becoña asina un dos títulos da colección dedicado ao tema Adición a novas tecnoloxías, e outro, xunto a tamén profesor da USC José Manuel Vázquez Varela, sobre Globalización. Ademais, a profesora da USC Mª Carmen Míguez Varela é a encargada dun libro no que se reflexionará sobre emocións e sentimentos.

The contents of this page were updated on 02.21.2008.