Skip to main content

A catedrática María Isabel Cadavid ingresou na Academia de Farmacia de Galicia

A catedrática de Farmacoloxía da Universidade de Santiago de Compostela, María Isabel Cadavid Torres, tomou posesión este mércores como numeraria da Academia de Farmacia de Galicia. A cerimonia tivo lugar no antigo Hospital de San Roque, sede da Academia que preside Isaac Arias Santos.
O discurso de ingreso da que pasa a ser a segunda muller nesta entidade científica xunto con Tarsy Carballas levou por título ‘Investigación e desenvolvemento de farmacia e universidade’ e foi respondido por José María Calleja Suárez.

The contents of this page were updated on 02.21.2008.