Skip to main content

O reitor da USC, o presidente da CEG e o director xeral de Ordenación e Calidade do SUG analizan nunha mesa redonda os desafíos do ensino superior

‘Universidade, ¿para que?’ é o título da mesa redonda que o vindeiro luns 25 se vai celebrar na sede da Fundación Caixa Galicia organizada polo foro universitario Galicia Milenio para analizar os desafíos do ensino superior na sociedade actual.
A sesión, incluída nun ciclo sobre ‘Educación e sociedade’, dará comezo ás 20:00 horas e nela está prevista a participación do reitor compostelán Senén Barro; o presidente da Confederación de Empresarios de Galicia, Antonio Fontenla; e o director xeral de Ordenación e Calidade do Sistema Universitario de Galicia, José Ramón Leis Fidalgo. O presidente de ‘Galicia Milenio’ e profesor da USC Marcelino Agís moderará a sesión.
Nesta xornada falarase sobre as reformas lexislativas dispostas para que as universidades españolas se incorporen ao Espazo Europeo de Ensinanza Superior (EEES), previstas na Declaración de Bolonia e que deberán implantarse antes de 2010. Ademais, debaterase sobre as expectativas da empresa respecto das institucións universitarias, como o tipo de titulacións ou o servizo que a Universidade debe ofrecer ao mercado laboral.

The contents of this page were updated on 02.22.2008.