Presentación das actividades do mes de marzo do Convenio Lugo Cultural
Os representantes das entidades que conforman o Convenio Lugo Cultural presentan este luns 25 de febreiro, ás 12:20 horas na Sala de Prensa da Vicerreitoría de Cultura, as actividades que se desenvolverán durante o mes de marzo e que consistirán en rutas culturais, concursos, unha exposición e un novo concerto.
O acto de presentación estará a cargo do vicerreitor de Cultura, Elías Torres; a concelleira de Economía do Concello de Lugo, Sonia Méndez; o xefe de servizo de Creación e Difusión Cultural da Xunta de Galicia, Rafael López Vizcaíno, e o xerente da Fundación Caixa Galicia, Sinesio Pérez.
Estarán acompañados polos colaboradores destas actividades, como Xurxo Viveiro, Eduardo Ochoa e Carlos Fernández, voceiro de Amnistía Internacional.