Skip to main content

Os laboratorios de fotografía do Campus de Lugo retoman este mes as súas actividades

A Vicerreitoría de Cultura puxo en marcha este mes os laboratorios de fotografía do Campus de Lugo nos que están a traballar tres alumnos bolseiros co obxectivo de crear un lugar de encontro para a formación, creación e experimentación coa imaxe fotográfica.
Deste xeito, o laboratorio dixital da Aula de Novas Tecnoloxías da Escola Universitaria de Formación do Profesorado realizará un labor de formación todos os luns e mércores de 16:00 a 18:00 horas e os martes e xoves, de 18:00 a 20:00 horas, porá en marcha varios proxectos, como a creación do ‘Fotoblog do laboratorio’ e o ’Blog do laboratorio’, no que se incluirán fotoreportaxes.
Por outra banda, tamén comezou a funcionar periodicamente o laboratorio analóxico situado na Facultade de Veterinaria todos os luns de 16:00 a 18:00 horas e os martes de 10:00 a 12:00 horas. Alí poderán realizar as prácticas e actividades propias do tratamento de imaxe clásico, recibindo axuda e formación.
Para estes proxectos os laboratorios contan coa formación de grupos de traballo nos que poderán participar alumnas e alumnos da USC, integrantes do Espazo Fotográfico e estudantes da Escola de Imaxe e Son de Lugo e da Escola Ramón Falcón. Ademais, deixan aberta a posibilidade de levar adiante novos proxectos segundo sexa a demanda.

The contents of this page were updated on 04.08.2008.