Skip to main content

O profesor Ernesto González Seoane reelixido decano da Facultade de Filoloxía

O profesor Ernesto González Seoane resultou reelixido decano da Facultade de Filoloxía de Santiago nunha Xunta de centro celebrada o pasado xoves. Na votación, á que o profesor González concorría como candidato único, acadou 99 votos a favor, habendo 18 en branco e un nulo.
Para os vindeiros catro anos, o equipo decanal deste centro estará conformado ademais por Juan Casas Rigall e María José López Couso, como vicedecanos, e José Carracedo Fraga como secretario.

The contents of this page were updated on 04.08.2008.