Skip to main content

O programa de improvisación 'Xa que pasas...', do Espazo de Danza da USC, prosegue as súas actuacións polo Campus compostelá

O Espazo de Danza da USC desenvolve estes días por diversos puntos do Campus o seu programa de improvisación ‘Xa que pasas…’, titulada nesta ocasión ‘O falar calado’.
Logo da actuación celebrada na Residencia Universitaria Monte da Condesa a pasada semana e no Burgo das Nacións este luns 7, o grupo achégase agora ao Colexio Maior Fonseca, onde estarán este mércores 9 ás 22:00 horas. ‘Xa que pasas...’ pretende achegar a danza aos universitarios nos propios espazos onde desenvolven o seu quefacer cotiá como son as facultades e escolas. Procúrase así a democratización do baile dentro da escena universitaria.
Espazo de Danza da USC
Dende a súa creación en 1997, o Espazo de Danza da USC avanza no seu desexo de converterse nun laboratorio de experiencias contemporáneas, para o que traballa con todos os integrantes da comunidade universitaria. No caso do Campus de Lugo tamén estende esta vocación a nenos maiores de 5 anos.

The contents of this page were updated on 04.08.2008.