Skip to main content

O Seminario Vidal Abascal afonda na orixe da Teoría K

O profesor da USC Javier Majadas reflexionará este xoves 10 nunha nova sesión do Seminario Vidal Abascal sobre a orixe da K-teoría no transcurso dunha sesión que dará comezo ás 16:30 horas na Aula 7 da Facultade de Matemáticas. Na súa charla realizará un repaso elemental da xénese e construción da teoría K do matemático apátrida Alexander Grothendieck.
Catedrático do Departamento de Álxebra da USC, Javier Majadas é un recoñecido alxebrista e autor de importantes traballos publicados nalgunhas das mellores revistas de matemáticas como Archiv der Mathematik, Comptes Rendus de l’Académie de Sciences de Paris ou Inventiones Mathematicae e da área como Communications in Algebra, Journal Algebra ou Journal of Pure and Applied Álgebra.O seminario ‘Vidal Abascal’O seminario toma o seu nome en homenaxe ao profesor Enrique Vidal Abascal, partícipe fundamental na creación do Departamento de Xeometría e Topoloxía e da Facultade de Matemáticas da USC, onde ocupou o cargo de director e decano, respectivamente, ademais de ser unha figura emblemática da matemática galega actual.

The contents of this page were updated on 04.09.2008.