Skip to main content

O Grupo Compostela de Universidades analiza en Santiago o papel das institucións de educación superior na sociedade da información

Representantes do Grupo Compostela de Universidade reúnense estes días en Santiago para traballar sobre o papel das institucións de educación superior na sociedade da información. A xuntanza, a desenvolver no Gran Hotel, comeza este xoves ás 16:00 horas cunha benvida do presidente do Grupo, Maurits van Rooijen.
A continuación, o membro da University of California Television Chris Price explicará a utilidade da ferramenta on line Equalito.com para a elección de carreira ou Universidade. Remata a xornada deste xoves cunha sesión de traballo sobre as oportunidades que as novas tecnoloxías lles ofrecen ás Universidades na busca de novos estudantes.
O encontro continúa este venres coa análise da comunicación no contexto do EEES, o deseño da comunicación corporativa na rede e os posibles cambios na comunicación interna do Grupo Compostela a través da implementación de novas tecnoloxías.
Ao remate, ás 14:00 horas, o presidente do Grupo, Maurits van Rooijen, será recibido polo reitor compostelán Senén Barro Ameneiro no seu despacho do Colexio de San Xerome.

The contents of this page were updated on 04.17.2008.