Skip to main content

Presentación da programación dos Cursos de Verán da Universidade de Santiago

Serán un total de 66 cursos, máis do dobre que a edición anterior

O vicerreitor de Cultura, Elías Torres, xunto co responsable dos Cursos de Verán da USC, Pablo Sampedro, presentarán en rolda de prensa este martes, día 22, a programación completa destes cursos da Universidade de Santiago. A presentación desenvolverase ás 11:30 horas na Sala de Prensa do Colexio de Fonseca.
Nesta ocasión, a USC organiza un total de 66 cursos de verán –máis do dobre que o pasado ano- tendo lugar vinte e tres no Campus de Santiago; seis no de Lugo; cinco en Vilagarcía de Arousa; catro en Monforte, os mesmos que en Sada e Mondoñedo; tres en Noia e outros tantos en Sarria; e, finalmente, un en Caldas de Reis, Foz, Lalín, Lousame, Muros, Ribadeo, Bertamiráns, A Coruña, Rianxo e Tomiño.

The contents of this page were updated on 04.21.2008.