Skip to main content

Relacións Laborais celebra o acto de graduación dos alumnos da promoción 2005-2008

A promoción 2005-2008 da Diplomatura en Relacións Laborais de Santiago celebrará este sábado 19 o acto académico de finalización de estudos nunha sesión que se vai celebrar a partir das 17:00 horas no Hotel Congreso.
Presidido polo vicerreitor de Economía e Financiamento, Miguel Vázquez Taín, o acto comezará coa intervención de Alba García e Antonio Losada en representación do alumnado aos que lle seguirán os padriños da promoción, Carlos Javier Álvarez e Silvia Moscoso. Logo de que tome a palabra o director da Escola, Juan Ares Fernández, entregarase aos alumnos un diploma acreditativo.

The contents of this page were updated on 04.18.2008.