Skip to main content

O director do máis importante Observatorio Astronómico de Rusia intercambia estes días experiencias con astrónomos da USC

O profesor Yuri Balega foi convidado polo Observatorio Ramón María Aller da Universidade de Santiago
O profesor Yuri Balega foi convidado polo Observatorio Ramón María Aller da Universidade de Santiago

O profesor Yuri Balega, director do Special Astrophysical Observatory o máis importante Observatorio Astronómico de Rusia, atópase estes días en Santiago convidado polo Observatorio Ramón María Aller da Universidade de Santiago. Durante a súa estadía na USC, Balega manterá xuntanzas de investigación co persoal do Observatorio e mesmo impartirá varios seminarios sobre o aproveitamento científico da cámara EMCCD de interferometría speckle, que o centro compostelán acaba de adquirir.
Yuri Balega é un destacado especialista na astronomía das estrelas dobres e múltiples, tema principal de investigación do Observatorio Ramón María Aller.
Yuri BalegaO profesor Yuri Balega (Ucraína, 1953) graduouse en 1974 con matrícula de honra na especialidade de Astrofísica pola Univerdidade de Yzhgorod (Ucraína) para ao ano seguinte comezar a traballar no Observatorio Astrofísico Especial (SAO, Rusia) coma investigador. Obtivo o título de doutor en 1985, e desde 1991 é director do departamento de métodos de alta resolución do SAO. Ese mesmo ano recibiu a mais alta distinción da URRS en investigación, o Premio Estatal en Ciencia, por aplicación de métodos de alta resolución no telescopio de 6 metros de apertura.
É director do SAO dende 1993 e catedrático de Astronomía da Universidade de Rostov dende 1996. Foi elixido membro correspondente da Academia das Ciencias da Federación Rusa e membro do comité executivo da Sección de Astronomía en 1997. Ademais, dende fai cinco anos está en posesión do Gran Premio Estatal de Ucraína de Investigación científica.
Logo de 33 anos de actividade investigadora publicou mais de 200 artigos en revistas nacionais e internacionais, tres libros e dúas monografías dedicadas a métodos de investigación en sistemas estelares dobres e múltiples mediante interferometría de alta resolución. Ademais, dirixiu seis teses de doutoramento e máis de 50 tesiñas de graduación. Xunto ao seu importante labor científico, Yuri Balega é un destacado membro da administración da Rexión Sur da Federación Rusa e deputado no Parlamento rexional.

The contents of this page were updated on 04.22.2008.