Skip to main content

Nova sesión do Seminario Vidal Abascal

O Seminario Vidal Abascal, promovido polo Departamento de Xeometría e Topoloxía da USC, prosegue a súa programación nesta ocasión coa visita do profesor da Universidade Jagielloński de Cracovia Robert Wolak.
O profesor Wolak pronunciará a conferencia titulada ‘Dynamics of foliations distality’ nunha sesión que se celebrará este xoves 24 a partir das 16:30 horas na Aula 7 da Facultade de Matemáticas.
O seminario ‘Vidal Abascal’O seminario toma o seu nome en homenaxe ao profesor Enrique Vidal Abascal, partícipe fundamental na creación do Departamento de Xeometría e Topoloxía e da Facultade de Matemáticas da USC, onde ocupou o cargo de director e decano, respectivamente, ademais de ser unha figura emblemática da matemática galega actual.

The contents of this page were updated on 04.24.2008.