Skip to main content

Os estudantes de Medicina da USC sumáronse á campaña estatal 'Médicos en lata' promovida Consejo Estatal de Estudiantes de Medicina

Os estudantes de Medicina de toda España estaban chamados a manifestarse de xeito simultáneo para demandar unha reflexión sobre "as consecuencias dunha posible sobreprodución de médicos"

Os estudantes da Facultade de Medicina da USC concentraranse este martes 29 na praza do Obradoiro secundando a campaña estatal ‘Médicos en lata’ promovida polo Consejo Estatal de Estudiantes de Medicina (CEEM) para demandar unha reflexión sobre “as consecuencias dunha posible sobreprodución de médicos, con menos medios para formalos e as repercusións que conlevarían na calidade da asistencia sanitaria no país’, sinalan os promotores da iniciativa.
Trátase dunha iniciativa desenvolvida de xeito simultáneo en todas as cidades españolas que contan cunha Facultade de Medicina e coa que os estudantes pretenden velar por unha formación médica de calidade e polo futuro da asistencia sanitaria en España, “que se atopa nun momento decisivo” segundo os coordinadores da campaña.
‘Médicos en lata’ conta co apoio da Federación de Asociaciones en Defensa de la Sanidad Pública (Fadsp), a Federación Internacional de Asociaciones de Estudiantes de Medicina para la Cooperación Internacional (IFMSA- Spain), a Organización Médica Colegial (OMC), a Conferencia Nacional de Decanos de Facultades de Medicina (CNDFM) e a Confederación Estatal de Sindicatos Médicos (CESM). A nivel local, a campaña está secundada ademais por todas as asociacións estudantís da Facultade de Medicina da USC.

The contents of this page were updated on 04.29.2008.