Skip to main content

As universidades galegas publican en edición facsimilar documentos históricos sobre o himno galego

A sede da Real Academia Galega acolle este martes 29 ás 20:00 horas a presentación do libro O Himno galego. Documentos históricos 1890-1907, editado conxuntamente polas universidades de Vigo, Santiago de Compostela e A Coruña.
O acto de presentación contará coa presenza do reitor da Universidade da Coruña, José María Barja; os vicerreitores de Relacións Institucionais das Universidades de Santiago e Vigo, Lourenzo Fernández e Iván Area; o arquiveiro-bibliotecario da Real Academia Galega Xosé Luís Axeitos; e o catedrático de Lingua Galega e Portuguesa Manuel Ferreiro Fernández.
O volume recolle documentos en edición facsimilar pertencentes aos fondos da Real Academia Galega sobre o himno galego, como o manuscrito de Eduardo Pondal ou a copia da partitura realizada por Xosé Fontenla Leal da música composta por Pascual Veiga.

The contents of this page were updated on 04.29.2008.