Skip to main content

O grupo de punk-rock Lingua azul actúa este martes na Residencia Universitaria Monte da Condesa

O grupo de punk-rock Lingua azul actúa este martes, día 29, ás 22:30 horas na Sala da Columna da Residencia Universitaria Monte da Condesa. No concerto, as voces nalgúns dos temas correrán a cargo do Coro da residencia.
Lingua azul está formado por Roberto Boullón na voz, Bieito Fernández na guitarra, Rubén García no baixo e Juan P. Martínez na batería. Entre as influencias que máis se perciben no seu estilo atópanse Misfits, Iron Maiden, System of a Down, Black Flag ou Siniestro Total.

The contents of this page were updated on 04.29.2008.