Os responsables da planificación estratéxica en Barcelona interveñen este martes na USC
O coordinador do Plan Estratéxico Metropolitano de Barcelona, Francesc Santacana, e o coordinador adxunto, Joan Campreciós, pronunciarán este martes, día 29, unha conferencia na USC.
Baixo o título ‘A planificación estratéxica en Barcelona: razóns, maneiras, exemplos’, a charla desenvolverase a partir das 19:00 horas na Casa de Europa (Finca Vista Alegre). Previamente, o director executivo do Plan Estratéxico de Santiago de Compostela, Luis Caramés, atenderá, xunto cos dous conferenciantes, aos medios de comunicación.