Skip to main content

Representantes de Sine Nomine transmítenlle ao vicerreitor de Relacións Institucionais a súa preocupación pola proposta da Consellaría de reformulación horaria no Bacharelato

O vicerreitor de Relacións Institucionais reuniuse con representantes da asociación cultural Sine Nómine
O vicerreitor de Relacións Institucionais reuniuse con representantes da asociación cultural Sine Nómine

O vicerreitor de Relacións Institucionais, Lourenzo Fernández Prieto, recibiu este luns 28 a Mercedes González e Ramón Facal, da Asociación Sine Nomine, que lle transmitiron a preocupación deste colectivo de docentes de Historia e Filosofía pola proposta da Consellaría de reformulación horaria destas materias no Bacharelato.
A asociación, recoñecendo a competencia da Consellaría de Educación no ordenamento educativo, considera que existen outras posibilidades que pasan pola non diminución de horas lectivas das materias de Humanidades, particularmente Filosofía e Historia. Incidiron ademais no feito de que a redución de tempo na formación humanística afecta a titulacións impartidas na USC de modo exclusivo.
No transcurso da xuntanza, os integrantes de Sine Nomine tamén transmitiron ao vicerreitor a súa inquedanza pola segregación entre as culturas humanística e científica que parece formularse na mesma proposta da administración autonómica.

The contents of this page were updated on 04.28.2008.