Skip to main content

Inauguradas na Facultade de Psicoloxía as novas instalacións da Unidade de Atención Temperá da USC

O acto inaugural das novas instalacións contou con numerosos asistentes
O acto inaugural das novas instalacións contou con numerosos asistentes

A Unidade de Atención Temperá da USC estreou este curso novas instalacións, máis amplas e luminosas, que permitirán ampliar a carga docente para os alumnos e os servizos para menores que presentan algún tipo de trastorno no seu desenvolvemento ou teñen o risco de padecelo. As novas instalacións inaugurounas este venres o reitor Senén Barro nun acto no que estivo acompañado polo vicerreitor de Economía, Miguel Vázquez Taín, e a profesor Mª José Buceta.
As renovadas dependencias, situadas na Facultade de Psicoloxía e que xa están en uso, contan con máis espazos abertos, salas de logopedia, de terapia de xogo, de atención temperá, de investigación, estimulación precoz e atención psicopedagóxica. Con estes espazos dáse cabida a máis usuarios e facilítase o traballo do equipo. Polo de agora, a Unidade prevé que se poidan ampliar as prazas de prácticas do Prácticum e do Máster en Trastornos do Desenvolvemento e Atención Temperá. Tamén se porá en marcha unha escola de pais.
Unidade de Atención TemperáComposto por psicólogos clínicos e evolutivos, logopedas, psicopedagogos, un especialista en terapia familiar, un terapeuta de xogos e un paidopsiquiatra, o equipo da Unidade de Atención Temperá conseguiu converter á Facultade de Psicoloxía na primeira de ámbito nacional en unificar a docencia, a investigación e a atención aos usuarios.
Os puntos de actuación desta unidade son a estimulación precoz e tratamento de nenos con deficiencia mental, a atención temperá nos trastornos do desenvolvemento e intervención familiar, así como labores específicas de atención ao adolescente e ao adulto discapacitado.
Froito do éxito dos seus traballos, parte do persoal está presentando estes días os resultados das súas investigacións nun Congreso Nacional de Psicopedagoxía en A Coruña e, en breve, desprazaranse a Buenos Aires para levar as últimas investigacións sobre acoso e maltrato na infancia.

The contents of this page were updated on 02.01.2008.