Skip to main content

O filme 'Alicia no país das marabillas' inaugura o ciclo de cine Cinemáticas

Trátase dunha iniciativa incluída no programa de actividades conmemorativas do 50º aniversario da creación da Licenciatura en Matemáticas da USC

A Licenciatura en Matemáticas da USC prosegue a desenvolver as actividades divulgativas do programa ‘MateTodoTodoMate’, organizado con motivo do 50º aniversario da creación desta titulación na Universidade compostelá, coa inauguración este mércores 2 do ciclo de cine CINEMÁTICAS.
O filme de 1951 Alicia no país das marabillas abrirá a primeira xornada do ciclo dedicada ao tema ‘Matemáticas e literatura’, nunha sesión que dará comezo ás 18:00 horas na Facultade de Matemáticas. A proxección irá precedida dunha breve presentación da película. Os asistentes, organizados en grupos de entre cinco e dez persoas, traballarán sobre o tema da película en base a un breve guión para rematar coa posta en común das principais reflexións que cada un faga do filme. A proxección tamén está aberta ao público interesado en asistir.

The contents of this page were updated on 04.01.2008.