Skip to main content

A Escola de Arte Dramática da Universidade de São Paulo achega con ironía e humor 'Lesao cerebral'

Cun ton irónico e de humor, o XIV Festival Internacional de Teatro Universitario continúa o mércores 2 ás 21:30 horas no Teatro Principal de Santiago coa posta en escena de ‘Lesao cerebral’ a cargo da Escola de Arte Dramática da Universidade de São Paulo.
Na obra, tres personaxes tratan temas tan variados como a morte súbita de Deus e os extravagantes hábitos da tribo dos Watpituis, ao tempo que observan como unha moza quita a blusa diante da xanela.
Constituída con textos provocadores do contista americano Donald Barthelme, a proposta desta compañía é a investigación dunha metodoloxía de traballo sobre textos literarios ou teatrais divorciados das formas dramáticas canónicas. Mostran, en definitiva, a dramaturxia contemporánea e os seus desdobramentos.

The contents of this page were updated on 04.01.2008.