Skip to main content

Ábrese o prazo de matrícula para os exames oficiais de italiano como lingua estranxeira

O Centro de Linguas Modernas (CLM) da USC abriu este venres 4, e ata o 18 de abril, o prazo de matrícula para os exames oficiais de lingua italiana da Universidade de Siena na convocatoria de xuño.
A matrícula para realizar as probas CILS (Certificados de Italiano como lingua estranxeira) pódese formalizar no Negociado do CLM. Os exames terán lugar o 6 de xuño, sendo o escrito pola mañá e o oral na tarde do mesmo día, coa posibilidade de prolongarse en días sucesivos.
O CILSA Universidade para estranxeiros de Siena é unha das institucións estatais italianas autorizadas para o ensino e a obtención de títulos oficiais de coñecemento do italiano como segunda lingua. O CILS é o seu título de certificación, articulado en cinco niveis de dificultade para facelo compatible cos niveis propostos polo Consello de Europa. Nesta convocatoria, no Centro de Linguas Modernas da USC só poderá realizarse o exame CILS 2-B2.

The contents of this page were updated on 04.04.2008.