Skip to main content

A Biblioteca Intercentros organiza un novo curso sobre revistas electrónicas e a base de datos Dialnet

A Biblioteca Intercentros de Lugo desenvolverá o martes día 3 un novo curso sobre o uso das revistas electrónicas da BUSC e as bases de datos Dialnet, que se organiza dentro dos programas de formación específicos do 2008 como apoio á docencia e á investigación.
Os contidos do curso, que se desenvolverá entre as 16:30 e as 18:00 horas na aula Universia da Biblioteca Intercentros, centraranse no novo acceso ás revistas electrónicas, o SFX, e as súas posibilidades; así como na subscrición persoal e os índices. Finalizarán cunha explicación práctica da busca de información a través de Dialnet.
Os destinatarios do curso son os membros da USC, preferentemente persoal docente e investigador e alumnos de terceiro ciclo e posgrao. A inscrición debe realizarse por internet na dirección intcesar [at] usc.es.
Hai 22 prazas e estas se cubrirán por orde de inscrición.

The contents of this page were updated on 04.04.2008.