Skip to main content

A profesora da USC Helena de Carlos, Premio Nacional da Crítica en literatura galega na modalidade de poesía

A profesora do Departamento de Latín e Grego da Universidade de Santiago Helena de Carlos acaba de ser recoñecida co Premio Nacional da Crítica en literatura galega na modalidade de poesía pola súa obra Vigo. Nestes premios resultou tamén galardoado, no apartado de narrativa galega, o escritor e xornalista Luís Rei Núñez por O señor Lugrís e a negra sombra.
A autora do poemario Vigo, cidade a quen lle dedica a obra, explicou que mantén un "ton elexíaco e ecos clásicos" escrito "cun verso elegante e equilibrado" e no que o tempo e a memoria son dous elementos moi presentes.
A Asociación Española de Críticos Literarios elixiu Huelva, coincidindo co último ano da celebración do trienio Zenobia-Juan Ramón Jiménez, como escenario para dar a coñecer os Premios da Crítica 2007, galardóns que nesta edición recaeron en Rafael Chirbes pola obra narrativa Crematorio e en Chantal Maillard por Hilos na categoría de poesía.

The contents of this page were updated on 04.07.2008.