Skip to main content

En liña o boletín número 45 da ANECA

Recolle a convocatoria de mención de calidade para programas de doutoramento e a décima edición do seu Foro

O décima edición do Foro da Axencia Nacional de Avaliación da Calidade e Acreditación (ANECA) é o tema destacado do seu último boletín dixital que corresponde ao número 45. Ademais, a publicación achega a nova convocatoria para a obtención da mención de calidade a programas de doutoramento no curso académico 2008-2009.
Outras cuestións son o acordo de colaboración que a ANECA vén de asinar co Consello Centroamericano de Acreditación para establecer entre ambas unha política de colaboración ou o seminario ‘As universidades ante a V Cumbre de Xefes de Estado e de Goberno de América Latina, o Caribe e a Unión Europea’.
Xunto con esta información, a boletín conta coas seccións habituais de ‘Axenda’, onde se anuncian eventos universitarios, e ‘Novidades web’, coas informacións máis recentes.

The contents of this page were updated on 05.26.2008.