Skip to main content

O reitor da USC participa este días en Valencia na conferencia internacional 'Open Innovation & University: Competitiveness & Development'

O reitor da USC, Senén Barro, asiste estes días na Universidade Politécnica de Valencia á conferencia internacional ‘Open Innovation & University: Competitiveness & Development’.
O reitor modera unha mesa de debate na que se afondará na capacidade das universidades para xerar capacidade empresarial dende a innovación. Nela intervirán o vicepresidente para a Innovación e a Valorización da Escola Politécnica Federal de Lausanne, Jan-Anders Manson; o profesor da Universidade Pompeu Fabra e presidente da Barcelona Graduate School of Economics, Andreu Mas-Colell; e Tom Hockaday, director de Isis Innovation Ltd., empresa de transferencia tecnolóxica xurdida da Universidade de Oxford.
Esta conferencia diríxese a profesionais vinculados ao mundo da innovación, aos empresarios que buscan novas solucións de innovación, profesores e investigadores universitarios, xestores da propiedade intelectual, inversores ou a xestores dos departamentos de innovación das empresas, entre outros.
A elección do tema débese á importancia actualmente outorgada á innovación, “peza clave de empresas e países”, sinalan os seus promotores. Neste senso, a innovación baseada en novas solucións de negocio ou coñecementos “mira a miúdo á universidade e procura poñer en valor a capacidade científica e tecnolóxica que achega a investigación”. Partindo deste contexto, a sociedade do coñecemento empeza a impoñer un nova paradigma de innovación adaptado a este novo ambiente, a innovación aberta, aquela que se basea na multiplicidade de fontes internas e externas “que xeran os inputs de coñecemento necesarios nun proceso de innovación”.

The contents of this page were updated on 05.26.2008.