'AMORtriscos: cousas que dicirnos', proposta para o martes do grupo de Ciencias da Educación da USC
IX Mostra de Teatro Universitario de Galicia
‘AMORtriscos: cousas que dicirnos’, con textos de Sergi Bebel e José Luis Alonso de Santos, é a proposta teatral que o grupo da facultade de Ciencias da Educación da USC trae este ano á IX Mostra de Teatro Universitario de Galicia. A posta en escena será este martes ás 21:00 horas no Salón Teatro.
Trátase dunha selección de cinco textos, tres de Sergi Bebel (Caricias e Ramón)e os restantes de José Luis Alonso de Santos (Ecografía moi húmida, Domingo pola mañá e Sinceridade), nos que se reflicten distintos tipos de relacións humanas, con diálogos nos que afloran desexos, discusións, intereses, emocións, sentimentos... En definitiva, pinceladas da realidade cotiá.