Skip to main content

A Aula de Teatro do Campus de Pontevedra presenta unha obra cunha forte crítica á sociedade patriarcal

IX Mostra de Teatro Universitario de Galicia

Feminismo e crítica política viaxan da man na obra que a Aula de Teatro do Campus de Pontevedra (Universidade de Vigo) porá en escena este mércores, día 28, a partir das 21:00 horas no Salón Teatro.
Once actores sairán ao escenario para interpretar ‘Top Girls’, de Caryl Churchill, unha obra cunha forte crítica á sociedade patriarcal e ao rol que a muller desempeña na sociedade actual, pero tamén cun forte contido político, onde se poñen en cuestión as medidas neoliberais que moitos gobernos de países occidentais levaron a cabo a partir dos anos oitenta e que aínda hoxe continúan, fonte de desigualdades sociais e no reparto da riqueza.
‘Top Girls’ fala tamén de comportamentos aos que nos vemos obrigados ou que nós mesmos buscamos, nunha sociedade que está organizada baixo as regras e as leis do mercado e na que para triunfar e avanzartes que aceptar determinados roles de conduta.

The contents of this page were updated on 05.27.2008.