Skip to main content

O Colexio Oficial de Físicos presenta en Santiago a especialidade profesional de radiofísica hospitalaria

O Colexio Oficial de Físicos organiza este xoves 10 en Santiago unha xornada de presentación da especialidade profesional de radiofísica hospitalaria, que se celebrará na Aula Magna da Facultade de Física a partir das 17:00 horas. Esta xornada forma parte dun conxunto de presentacións en toda España.
A reunión será dirixida por Javier Ocaña, representante en Galicia do Colexio, que introducirá as características da convocatoria e toda a información de carácter xeral de esta. A continuación, o xefe de servizo de Radiofísica e Protección Radiolóxica do Hospital Clínico Universitario de Santiago, Miguel Pombar, contará dende a súa experiencia cómo é o traballo en si e a perspectiva de evolución de alguén que accede a ser radiofísico aprobando a convocatoria, versión que se verá enriquecida polas explicación dun radiofísico residente de terceiro ano do mesmo hospital.

The contents of this page were updated on 01.09.2008.