Skip to main content

Charla no CHUS sobre simulación molecular de proteínas e interaccións con ligandos

O investigador Hugo Gutiérrez de Terán impartirá este venres, día 18, no CHUS unha charla na que explicará o seu traballo na simulación molecular de proteínas e interaccións con ligandos que desenvolve na Fundación Pública Galega de Medicina Xenómica.
A intervención, titulada ‘Simulacións moleculares de proteínas e interaccións con ligandos: aplicacións a proteasas e GPCRs’, terá lugar ás 13:00 horas na Aula 2 do CHUS.

The contents of this page were updated on 01.17.2008.