Conferencia en Económicas sobre a xustiza no sistema de financiamento autonómico e nos novos estatutos de autonomía
O catedrático de Facenda Pública e Sistemas Fiscais da Universidade de Estremadura, Francisco Pedraja Chaparro, falará nunha conferencia este mércores, día 23, da xustiza no sistema de financiamento autonómico e nos novos estatutos de autonomía.
A intervención, que terá lugar ás 16:30 horas no salón de graos da Facultade de Ciencias Económicas e Empresariais de Santiago enmárcase no Máster en Administración Financeira e Tributaria que dirixe Luis Caramés.