Skip to main content

A Área de Deportes publica os resultados da USC no Campionato de Tiro co Arco

A USC celebrou o Campionato de Tiro con Arco
A USC celebrou o Campionato de Tiro con Arco

A Área de Deportes fai públicos os resultados do Campionato USC de Tiro co Arco. Dos deportistas da Universidade, acadaron os primeiros postos nas modalidades de arco recurvo novel dama e novel cabaleiro, Ana Mª Abel Souto e Blas Dominguez Abuin. Tamén subiron ao posto principal do podio María Angeles Santos Penela e Ivan J. Rodríguez Corral na categoría de arco recurvo senior dama e cabaleiro.
Por outra banda, conseguiron a medalla de prata nestas competicións Naiara Marín Ugalde, Manuel Souto Herreo e Ivan J. Rodríguez Corral. O metal de bronce foi para Rodrigo Porto Riveiros e Eugenio Férnandez Carrasco.

The contents of this page were updated on 05.20.2008.