Skip to main content

A educación nos museos de Galicia, a análise nun libro do profesor da USC Xesús Rodríguez

O profesor da USC Xesús Rodríguez e a investigadora Ana María Pose coordinaron recentemente a publicación do libro Actividades e recursos educativos dos Museos de Galicia no que varios especialistas en museos reflexionan sobre a cuestión.
O volume achega esta realidade tanto dende un punto de vista teórico como práctico, mostrando as programacións educativas estables e os recursos dunha boa parte destas institucións en Galicia. Ademais, a obra inclúe un CD onde se recolle de xeito sistemático a oferta didáctica daqueles museos galegos que contan cun servizo educativo dentro do seu organigrama ou, no seu defecto, cunha programación estable.
Museos como o Centro Galego de Arte Contemporáneo, os científicos coruñeses ou o Provincial de Lugo analízanse neste libro que ofrece a educadores e cidadanía información previa sobre os seus recursos. Segundo os docentes, facilítase aos lectores unha mellor organización das súas visitas e iniciativas. Na creación do libro, publicado pola Editorial Toxosoutos, participou a Consellaría de Cultura e Nova Escola Galega.

The contents of this page were updated on 05.07.2008.